Cargando resultados...
A primeira lúa chea do verán luciu máis grande e brillante do habitual
A primeira lúa chea do verán luciu máis grande e brillante do habitual
Coincidiu co momento en que o satélite se atopa no punto máis próximo á Terra
G24.gal
22/06/2024 10:35
Última actualización 22/06/2024 11:34
Os amantes da astronomía puideron gozar a pasada noite dunha "superlúa de amorodo", a primeira do verán máis grande e máis brillante do habitual.
Un dos sobrenomes do plenilunio do mes de xuño é "lúa de amorodo" porque, segundo recolle o antigo almanaque dos agricultores de Maine, cadraba co inicio da colleita deste froito no nordés dos Estados Unidos.
Desta volta, percibiuse máis resplandecente ao coincidir no punto da órbita da Lúa máis próximo á Terra. Por iso, no eido astronómico, din que se apreciou unha "superlúa de amorodo".