Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maior tormenta xeomagnética en décadas tinguiu o ceo galego de cores

A maior tormenta xeomagnética en décadas tinguiu o ceo galego de cores

O Centro Astronómico de Trevinca foi un dos puntos onde se puido contemplar o fenómeno das auroras boreais

G24.gal 12/05/2024 07:21 Última actualización 12/05/2024 10:58

Verdes, vermellos e mesmo azuis. Son as cores que debuxaron no ceo galego as auroras boreais na noite do venres para o sábado.

O momento de maior intensidade, segundo Óscar Blanco, director do Centro Astronómico de Trevinca, foi despois da media noite e ata preto das dúas da mañá aínda que se puideron ver durante máis tempo.

É unha imaxe pouco habitual nestas latitudes provocada pola maior tormenta xeomagnética das últimas dúas décadas.

O sol atópase nun momento de actividade máxima, algo que só acontece cada dez ou doce anos polo que podería repetirse este fenómeno aínda que é difícil velo con tanta intensidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade