Breogán e Obradoiro buscarán a fazaña de metérense na Copa
Teñen que gañarlle a grandes rivais como Baskonia e Real Madrid e agardar o tropezo de Valencia ou Bilbao Básket
Última xornada da primeira volta na ACB. O Breogán soña coa Copa; con oito vitorias, os lucenses teñen as contas moi díficiles e o rival do domingo é o Real Madrid. A opción máis doada pasa por gañar e esperar a que perdan Valencia, Bilbao e Obradoiro. Os de Mrsic visitan o equipo de Musa. O Breogán chega ó ecuador da competición sen gañar a ningún dos oito primeiros clasificados. Así é todo o adestrador croata tira de humor en sala de prensa.
Situación semellante ten o Obradoiro, os de Moncho levan oito triunfos e teñen opcións de copa. A máis directa sería gañar e esperar a que perdan Valencia, Bilbao e Breogán. Enfronte o domingo no Sar, duelo de alta esixencia ante o Baskonia. Para Moncho a motivación de estar a estas alturas de campionato pensando na Copa é moita.