Cargando resultados...
Bronce para o pontevedrés Juan Saavedra na final de tiro paralímpico
Bronce para o pontevedrés Juan Saavedra na final de tiro paralímpico
Saavedra acada a terceira medalla nuns Xogos e loitará pola cuarta na proba dos 50 metros
G24.gal
01/09/2024 13:30
O tirador pontevedrés Juan Saavedra logrou a medalla de bronce na proba de tiro olímpico na distancia de 10 metros. Non era a súa especialidade, pero realizou unha gran clasificatoria e conseguiu aguantar o ritmo dos favoritos para acadar o terceiro posto.
Saavedra lograra a prata en Londres 2012 e o bronce en Tokyo 2020, daquela na final dos 50 metros, a súa mellor especialidade. Este domingo acadou unha puntuación de 232.1 e quedou a paso de facerse coa medalla de prata. A eslovaca Veronika Vadovicova, número un do mundo, cumpriu os prognósticos e fíxose co ouro e o tamén eslovaco Malenovsky levou a segunda presea.