Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas vixiará a proposta de amnistía aos implicados no 'procés'

Bruxelas vixiará a proposta de amnistía aos implicados no 'procés'

O Comisario de Xustiza advirte que se fixarán en como afecta ao delito de malversación

Reynders rexeita pronunciarse sobre a lei ata ver un documento formal

Antón Montero 09/10/2023 20:06 Última actualización 09/10/2023 20:29

A Comisión Europea advirte que vixiará a evolución da proposta da amnistía aos implicados no procés independentista. Esa eventual lei, que o presidente Pedro Sánchez estuda ofrecer ao fuxido Carles Puigdemont para obter o apoio do seu partido na investidura, podería limpar varios delitos.

Bruxelas advirte, por exemplo, sobre a malversación de fondos públicos. O comisario europeo Didier Reynders, responsable de Xustiza, amosou a súa preocupación ante a posibilidade de que unha eventual lei de amnistía limpase ese delito de corrupción.

O comisario de Xustiza tamén advertiu do impacto que a amnistía tería no delito de apropiación de fondos públicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade