Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela - Pescara: final do campionato europeo de fútbol-sala feminino na G2

Burela - Pescara: final do campionato europeo de fútbol-sala feminino na G2

10 goles endosoulle o Burela ao Normanochka ruso (0-5 e 5-0). O Pescara gañoulle 1-0 ao Benfica

Mañá ás 13:00 na G2 e nesta web a gran final

G24.gal 04/12/2021 20:13

Unha nova páxina dos éxitos do Pescados Rubén Burela está a piques de escribirse.

As laranxas están a corenta minutos de estender o seu dominio en España a todo o continente. Chegan ao partido decisivo sen esprimirse, logo de facerlle outro 5-0 ao campión ruso, o Normanochka.

Peque fixo o primeiro e no último minuto do primeiro tempo chegaron dous máis. elenita aproveitou os riscos do equipo ruso coa porteira xogadora para marcar a porta baleira e Cilene, desde o punto de penalti, converteu o segundo tempo nun trámite.

Aínda así, chegaron dous tantos máis. Irene Samper logrou o cuarto e Elenita completou a súa brillante tarde co último. dous partidos co Normanochka, 10-0 foi o balance.

Moito más agónico resultou o pase do outro finalsita. O Pescara, cun único gol de Boutimah no segundo tempo, deu a sorpresa. As italianas provocaron as bágoas no Benfica, que quedou sen a agardada final. Burela- Pescara será a cita cun título continental en xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade