Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os ocupantes dun coche que quedou pendurado dunha ponte en Ferrol

Buscan os ocupantes dun coche que quedou pendurado dunha ponte en Ferrol

O vehículo quedou colgado de madrugada da ponte de Xoane 

Non había ninguén dentro e buscan o ocupante ou ocupantes do vehículo

 

G24.gal 14/07/2023 15:04

"Xesús! Que barbaridade! Un milagre!". É unha das reflexións que máis se repiten na parroquia de Serantes, onde a veciñanza non dá creto. Un turismo saíu da estrada neste punto, pasadas as catro e media da madrugada, e quedou pendurado nun equilibrio cando menos complicado na ponte da estrada de Xoane. Non houbo nin feridos, que se saiba, e de aí o que tantos chaman: "un milagre".

Cada un saca as súas conclusións: "Serían uns cativos que ían de festa bateron e a mellor noticia é que non houbo mortos"; "Veñen moi lanzados": "Hai anos uns rapaces caeran aquí está marcado a 50, pero van como van".

Pero o que chama realmente a atención deste accidente é que quen fose que estivese dentro do turismo conseguira saír do vehículo así pendurado. 

A Policía Local de Ferrol anda na procura desa persoa ou persoas, que parece que saíu ou saíron pola porta do copiloto, que estaba aberta á chegada dos equipos de emerxencias. O aviso dérono particulares que viron o coche xa colgando da ponte.

Os bombeiros colaboraron co guindastre do seguro do turismo para sacalo de aí, e cortaron a parte de varanda que quedou desfeita, asegurando a zona. Os técnicos da Deputación, que é a responsable desta estrada de Xoane, tamén acudiron para avaliar os danos e organizar o arranxo da vía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade