Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan recolocar as empresas afectadas polo incendio industrial en Mos

Buscan recolocar as empresas afectadas polo incendio industrial en Mos

A Xunta facilítalles asesoramento e financiamento para recuperar a actividade

G24.gal 29/03/2022 14:13

Empresarios e administracións buscan axilizar os trámites para poder recuperar a actividade das 6 empresas afectadas polo incendio no polígono industrial do Rebullón, en Mos. O secretario da Asociación de Empresarios de Mos, Ramón Alonso, explica que están moi preocupados porque a viabilidade das empresas está no aire e suman 200 empregados.

Catro empresas perderon todo o que tiñan, pero outras dúas aínda poden recuperar parte do seu material. Agardan a autorización dos técnicos para poderen acceder ás instalacións cando se garanta que a zona é segura. É o caso de Rosendo Martínez, socio dunha das empresas afectadas polo incendio, que apunta que intentarán recolocarse non moi lonxe e continuar coa actividade. Dende AEMOS matizan que será un cambio provisional, porque agardan reconstruír as naves queimadas.

O vicepresidente segundo da Xunta mantivo unha reunión cos afectados para abordar as liñas de axuda. Francisco Conde comprometeu un financiamento que terá unha bonificación ademais da taxa de interese para que sexa menos gravoso.

Varios empresarios xa ofreceron as súas instalacións para que estas seis compañías poidan reemprender o seu traballo o máis rápido posible. Mentres, continúa a investigación sobre a orixe do lume. Será grupo especializado da Garda Civil o encargado de determinar as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade