Buscan talento para cubrir máis de 300 postos de traballo en Galicia
Arrinca Talentia Summit, a maior feira de formación e emprego do estado
Oferta 15.000 prazas para cursos virtuais de formación e acreditación oficial de competencias
Atenea, deusa da sabedoría, observa os participantes de Talentia, unha feira pensada para potenciar o talento a axudar a atopar traballo a candidatos como Damián. "Busco traballo no sector audiovisual, unha productora ou similar".
A través de videoconferencias, os participantes entran en contacto coas empresas que ofertan máis de 300 postos relacionados sobre todo coa tecnoloxía, o turismo e a alimentación.
Alberto Rodríguez, director xeral de Hoteis Alda explica que os candidatos teñen citas virtuais programadas co departamento de recursos humanos da cadea. Pola súa banda, Celsa González, de Leite Río comenta que na súa empresa buscan perfís variados, moitos son novos postos que xorden despois da pandemia e a obrigada dixitalización.
A feira virtual, que dura ata o día 26, oferta ademais 15.000 prazas en cursos de formación e acreditación de competencias. Hoxe tamén houbo charlas presenciais en que o nadador David Meca animou os candidatos a tirarse á piscina.
"A chave é a ilusión e a paixón. O talento é importante pero o máis decisivo é a actitude".
E outro consello de Meca, que sigan nadando sempre... aínda que non consigan o traballo, porque ninguén naceu campión.