Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un home acusado de abusar sexualmente da súa compañeira de piso en Lugo

Buscan un home acusado de abusar sexualmente da súa compañeira de piso en Lugo

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para o imputado, que fuxiu antes do xuízo previsto para este martes

G24.gal 05/03/2024 16:08

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo ordenou este martes a localización e posta á disposición xudicial dun home acusado de abusar sexualmente da súa compañeira de piso na cidade de Lugo. 

A orde deuse tras a incomparecencia do imputado no xuízo oral programado para este martes.

Os feitos que se lle imputan e polos que deberá ser xulgado tiveron lugar na cidade de Lugo no mes de abril de 2018, no domicilio que o presunto autor e a vítima compartían en réxime de compañeiros de piso.

Segundo o escrito da Fiscalía, o acusado entrou unha noite no cuarto en que se atopaba durmindo a súa compañeira e tombouse "completamente espido encima dela" bicándoa e tocándolle o corpo "sen o seu consentimento".

A muller fixo todo o posible para que o presunto agresor apartase, a pesar do cal o home continuou coa mesma actitude.

O Ministerio Fiscal entende que os feitos relatados son constitutivos dun delito de abuso sexual e solicitará para o acusado unha pena de dous anos de cárcere cando se celebre o xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade