Buscando o disfrace para o Samaín, con experiencias exclusivas
Buscando o disfrace para o Samaín, con experiencias exclusivas
A oferta vai do máis tradicional aos traxes máis exclusivos
Este ano retórnase á temática nigromántica: bruxas e feiticeiras
Nalgunhas tendas ofrecen unha experiencia exclusiva
Falta xa pouco para o día dos defuntos e as tendas de disfraces vólvense encher de clientes buscando os traxes cos que vestir esa noite especial na que os conviven espíritos e vivos. En Galicia, o samaín, que bebe de tradicións celtas, comparte terror e diversión co máis internacional Halloween, que á súa vez procede do samaín, nas que os calacús, as bruxas e os esqueletos reinan nesa noite meiga. Este ano vólvese á temática macabra.
"Os disfraces máis solicitados son os de bruxa, de bruxo, de feiticeira, e de esqueleto", apunta Ascensión Vázquez, dependenta dunha tenda de atrezzo.
En Santiago de Compostela aínda quedan establecementos, algúns deles cunha antigüidade de case trinta anos de historia, onde o disfrace para estas datas se converte nun artigo exclusivo e personalizado, que transcende o mero acto lúdico para converterse nunha experiencia totalmente única.
"Levamos traballando moito tempo e levamos disfraces de calidade. Os tecidos non son teas sintéticas, son tecidos bos. Materiais bos e confeccionados, doados de poñer", asegura a dependenta.
Traxes de época e de múltiples temáticas acompañados de complementos inspirados nas noites máis lóbregas e terroríficas dese día de defuntos, selan unha oferta de posibilidades para pasalo ben sen límites de idade.
"Pasalo ben, gozar dun día en compañía con amigos e familiares e das festas temáticas que fan, e saír da monotonía de todos os días", conclúe Ascensión Vázquez.
Porque efectivamente o que conta é gozar da festa.