Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fanse 26 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco

Fanse 26 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco

En Ermua recordouse a mobilización que superou o medo como punto de inflexión na loita contra o terrorismo

G24.gal 10/07/2023 14:47

Vinte e seis anos despois do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco, a súa irmá quixo render homenaxe a todas as vítimas do terrorismo. Fíxoo en Pozuelo de Alarcón, na praza que leva o seu nome. 

Tamén en Ermua, onde era concelleiro, e onde naceu o coñecido espírito de Ermua, un punto de inflexión na loita contra o terrorismo, lembraron a Miguel Ángel Blanco e a Sotero Mazo Figueras, asasinado en 1980. 

O alcalde destacou a valentía dos veciños de Ermua, que superaron o medo e comezaron unha mobilización cidadá sen precedentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade