Cabo aguanta e Samertolameu afúndese na clasificación da ACT
Cabo aguanta e Samertolameu afúndese na clasificación da ACT
Sétimo posto dos de Boiro e os moañeses volveron ocupar a última praza
A permanencia cada vez está máis complicada para Samertolameu. A Liga ACT demostra a súa dureza e os de Moaña atópanse lonxe de igualar o nivel dos seus competidores. En Getxo volveron quedar na última posición e xa está a 12 puntos da permanencia.
Mellor lle van as cousas a Cabo de Cruz. Tivo un gran duelo na súa quenda con Orio e Getaria malia racharen o remo de proeiro e acabaron na sétima posición final, consolidando o posto na zona morna da táboa.
Xornada da @actraineras en Getxo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) July 29, 2023
⬆️ 7º posto de @crcabodacruz malia romperen o remo de piqueiro da 1ª ceavoga. Maxistral Iago Motos para refacerse co remo de reposto
⬇️ Último posto para Samertolameu, cada vez máis lonxe da permanencia pic.twitter.com/ILDqdvvB0r
Na categoría feminina foi unha mala xornada, con Cabo e Tirán ocupando os dous últimos postos.