Cabo queda a dous segundos de gañar a bandeira da súa casa
Cabo queda a dous segundos de gañar a bandeira da súa casa
O equipo de Boiro impúxose na súa quenda e só Ziérbena mellorou os seus rexistros
Ziérbena gañou a Bandeira Concello de Boiro, por diante de Cabo da Cruz. A embarcación local realizou unha gran regata, acadando un fenomenal segundo posto. Por menos de tres segundos non conseguiu o triunfo. Logo desta proba, Cabo é sexta na clasificación xeral.
No último posto continúa Samertolameu, a oito puntos da permanencia. O líder segue a ser Urdaibai, sexta clasificada nesta bandeira.
Na Liga Galega, disputouse a Bandeira Concello de Moaña. Tirán venceu na casa, logrando así a súa segunda vitoria da temporada, nunha regata na que Ares só puído ser a quinta. Malia todo, conserva o liderado na clasificación xeral con dez puntos máis que Bueu, que hoxe logrou o segundo posto.