Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada ministerio contará cun asesor científico permanente

Cada ministerio contará cun asesor científico permanente

O presidente do Goberno anunciou este xoves a fichaxe de 50 científicos

G24.gal 20/06/2024 14:57 Última actualización 20/06/2024 15:09

O Goberno vai fichar 50 científicos. Anunciouno este xoves Pedro Sánchez. Cada un dos 22 ministerios terá o seu propio asesor permanente e tamén se creará unha unidade de apoio no CSIC. O seu obxectivo é mellorar as políticas públicas baseándose no coñecemento científico.

Pedro Sánchez avogou polo seu modelo fronte a "algúns que apostan, estamos véndoo noutros continente e non tan lonxe do noso país, por volver a eses chamados homes e mulleres fortes, líderes que mobilizan as masas con diagnósticos simplistas da realidade e promesas imposibles, en moitas ocasións alleas e contrarias á evidencia científica". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos