Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez máis empresas priorizan o coidado da saúde mental dos seus empregados

Cada vez máis empresas priorizan o coidado da saúde mental dos seus empregados

A redución do absentismo laboral e a menor duración das baixas son algúns dos seus beneficios

G24.gal 01/04/2024 14:18

Un ambiente laboral saudable beneficia tanto o traballador coma a empresa. A tendencia das empresas é integrar nos seus programas de seguridade e saúde laboral a atención e coidado da saúde mental dos traballadores, o que reduce as baixas por estrés. 

Unha persoa contenta e satisfeita co seu posto de traballo e coas relacións laborais na súa empresa está máis motivada e comprometida co seu labor. As empresas sábeno e van tomando nota da importancia de prestar atención á saúde mental dos traballadores. Así, cada vez máis integran nos seus programas de Seguridade e Saúde Laboral a prevención e coidado do benestar mental dos empregados. Os beneficios son recíprocos. 

Jesús Fagúndez, Mental Health Manager de Siemens Gamesa, di que se demostrou que todos os cartos que se invisten na saúde mental ten un retorno moi importante para a empresa.

Tradúcese na redución do absentismo laboral e as baixas son máis curtas.

Realizan avaliacións periódicas para identificar os factores da organización do traballo que provocan o aumento dos niveis de estrés e buscan solucións coa implicación de todo o cadro de persoal. 

Jesús Fagúndez, Mental Health Manager de Siemens Gamesa, di que os responsables dos equipos deben entender estes problemas e poñer da súa parte para intentar cambiar a situación. 

Tamén os problemas persoais son un factor desencadeante de estrés, pero repercute no traballo, polo que moitos destes departamentos facilitan ao traballador atención psicolóxica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade