Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae en abril a venda de coches usados en Galicia, pero o prezo sobe

Cae en abril a venda de coches usados en Galicia, pero o prezo sobe

O Salón de vehículos de ocasión de Amio en Santiago ofertou 800 vehículos

G24.gal 22/05/2022 19:08

No mes de abril caeu a venda de coches usados en Galicia. Hai menos oferta e o prezo sobe. O descenso das vendas constatouse no salón do vehículo de ocasión que se celebrou en Santiago.
No recinto feiral de Amio amosáronse oitocentos vehículos: coches, furgonetas e motos de todo tipo de categorías e prezos. Ata esta mañá vendéranse un cento e non se esperaba superar as cifras da anterior fera do mes de outubro.

"A ver se podemos atopar algo bo, bonito e barato, sobre 20.000 € máis ou menos"

"Ben, hai de todo, hai que ter un pouco de sorte e saber o que compras", afirmaban posibles compradores

Coches moi usados desde 5.000 euros ata os máis de 70.000 deste deportivo, o máis caro do salón. A pesar da caída das vendas, os prezos non baixan.

"É certo que o coche de segunda man está aguantando máis o prezo que antes debido á complicación que hai cos coches novos que non chegan. E hai que aguantar co que hai de segunda man, prorróganse os de renting porque ao non renovarse as flotas tampouco hai tantos coches de ocasión" sinalaba fabían Saavedra, xerente de Dolecer Autos.

"Gústanme os coches, gústanme as motos. Estamos botando unha ollada e a verdade é que están caros", dicíanos un posible comprador.

No mercado de ocasión, os máis vendidos son os coches familiares, de gasolina ou gasóleo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos