Cae en picado o número de cazadores en Galicia
Cae en picado o número de cazadores en Galicia
Reduciuse a menos da metade en 25 anos
Din os afectados que é un síntoma máis do despoboamento do rural e defenden a importancia do seu labor no control do xabaril
O encarecemento da súa afección é un dos factores que alegan os cazadores á hora de pousaren a escopeta, entre taxas, seguros, munición, mantemento dos cans... "Todo suma. Estamos falando dunha forcada de 1.500 a 3.000 euros, dependendo de cada caso, de custo anual desta actividade", asegura Antonio Mota, secretario da Unión de Tecores de Galicia.
O número de licenzas leva caendo progresivamente desde hai 25 anos. Se no 97 había en Galicia case oitenta mil cazadores, hoxe son 35.000. É unha actividade con pouco prestixio social, e iso dificulta a remuda. Hai poucos casos coma o de Daniel, que con 17 anos xa leva 2 de cazador.
"Para min, ir ao monte é relaxarte, sacar o estrés de toda a semana na clase", asegura Daniel.
Reivindican tamén o seu labor no control da poboación de xabarís.
Antonio Mota, secretario da Unión de Tecores de Ourense: "Dado que estamos facendo unha actividade que beneficia a sociedade indirectamente, poden eximirnos de taxas e pagamentos de licenzas. Non queremos chegar aquí ao nivel de Cataluña, onde están pedindo que se lles pague por cazar".
Consideran que a redución da caza é un indicativo máis das consecuencias do despoboamento no rural.