Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae un avión con 61 persoas a bordo nunha área rural do Brasil

Cae un avión con 61 persoas a bordo nunha área rural do Brasil

As primeiras hipóteses apuntan á formación de xeo nas ás do aparello

O presidente Lula da Silva decretou tres días de loito oficial polas vítimas

G24.gal 09/08/2024 19:29 Última actualización 10/08/2024 03:28

Un avión con 61 persoas a bordo estrelouse este venres nunha zona residencial no municipio brasileiro de Vinhedo, no estado de São Paulo, informou nun comunicado a aerolínea Voepass.

Segundo a aeroliña, no aparello, un bimotor de modelo ATR-72-500 que facía o traxecto entre a cidade de Cascavel e São Paulo, viaxaban 57 pasaxeiros e 4 tripulantes.

Varias testemuñas afirman que escoitaron un estrondo antes de que o aparello se precipitase ao chan, en menos dun minuto. As caixas negras do aparello xa foron recuperadas na zona do sinistro, onde seguen traballando os bombeiros pra arrefriar a fuselaxe. Segundo as autoridades, o voo transcorreu sen problemas ata chegar preto do seu destino e non reportou ningunha incidencia.

As primeiras hipóteses apuntan á formación de xeo nas ás da aeronave, pero o director da Axencia Nacional de Aviación Civil, Luiz Ricardo de Souza, dixo que é moi prematuro falar das causas do accidente. Afirmou, en todo caso, que o aparello cumpría con todos os requisitos e tiña dispositivos para impedir a formación de xeo na fuselaxe.

Segundo a web especializada Flightradar, o avión realizara dous voos máis durante a mañá deste venres antes de estrelarse.

A compañía aérea acaba de publicar un comunicado con números de teléfono para atender a familiares das vítimas:

A VOEPASS Linhas Aéreas informa a ocorrência de um acidente envolvendo o voo 2283- avião PS – VPB, nesta sexta-feira, dia 09 de agosto, na região de Vinhedo/SP. A aeronave decolou de Cascavel/PR com destino ao Aeroporto de Guarulhos, com 58 passageiros e 4 tripulantes a bordo.>

A VOEPASS acionou todos os meios para apoiar os envolvidos. Não há ainda confirmação de como ocorreu o acidente e nem da situação atual das pessoas que estavam a bordo.

A Companhia está prestando, pelo telefone 0800 9419712, disponível 24h, informações a todos os seus passageiros, familiares e colaboradores.

Sen superviventes, o presidente Lula pide un minuto de silencio polas vítimas 

O presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula dá Silva soubo do accidente cando se dispoñía a dar un discurso nun evento no municipio de Itajai, no estado de Santa Catarina, e interrompeu o acto para lamentar o feito.

"Teño que ser portador dunha noticia moi mala e quero pedir a todos que se poñan de pé para facer un minuto de silencio porque acaba de caer un avión na cidade de Vinhedo, en São Paulo, con 58 pasaxeiros e 4 tripulantes e parece que todos morreron", dixo Lula aos asistentes.

O vídeo co pronunciamento foi publicado polo mandatario nas redes sociais, nas que o presidente ofreceu ademais toda a solidariedade aos familiares e amigos das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos