Cae unha organización dedicada a enviar droga a Europa mediante empresas de paquetería
A rede operaba desde Málaga e Sevilla con anuncios en mensaxería instantánea e perfís de redes sociais
Hai once detidos e aprehendéronse uns cen quilos de substancias estupefacientes
Cae unha organización criminal dedicada a enviar droga a Europa por medio de empresas de paquetería en Málaga e Sevilla.
Axentes da Policía Nacional detiveron once persoas. Os membros da rede que anunciaban os produtos en aplicacións de mensaxería instantánea ou en distintos perfís de redes sociais, enviaban marihuana e haxix a países como Alemaña, Francia, o Reino Unido, Polonia ou os Países Baixos.
Os investigadores desmantelaron tres plantacións de marihuana en interior agochadas en zulos, e interviñeron armas, vehículos e máis de 25.000 euros en efectivo.
Unha vez descubertos mudaron de "modus operandi" e mesmo viaxaban en vehículos de alta gama para distribuír a droga en Europa.