Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caetano Horta remata o mundial de remo cun quinto posto na final A

Caetano Horta remata o mundial de remo cun quinto posto na final A

Na categoría de dobre scull peso lixeiro xa tiñan garantida a clasificación do seu barco para os Xogos de París

G24.gal 09/09/2023 15:44

Co billete para os Xogos Olímpicos de París no peto, volveu competir Caetano Horta. O noiés, xunto con Denis Carracedo, disputou a final A de dobre scull lixeiro. A parella española rematou na quinta posición, a oito segundos da medalla de ouro. 

O éxito foi para os irlandeses McCarthy e O'Donovan, que acabaron na primeira posición cun tempo de 6:32 remontando na segunda parte da carreira á parella suíza, que finalizou con 6:34. Tamén estiveron moi preto da vitoria os italianos Oppo e Soares, medalla de bronce. 

Carracedo e Horta quedaron un pouco descolgados a partir do quilómetro e pelexaron cos checos pola cuarta posición. Boas sensacións para Horta, que afrontará o vindeiro ano o gran reto da súa carreira deportiva en París. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar