A vaga de calor xa chegou a Galicia
A vaga de calor xa chegou a Galicia
As temperaturas subirán máis, en Ourense superarán os 30ºC
"Hoxe vai motísima calor. Aquí en Pontevedra, a verdade é que vai moito sol hoxe e estanos custando estar paseando pola rúa".
"E pola tarde din que vai ir máis calor, din que vai chegar aos 29 graos", comentaban hoxe en Pontevedra.
As previsións anunciaban calor, e non se equivocaron. Galicia está baixo a influencia dunha masa de aire cálido que vai deixar os termómetros acariñando os 30 graos en Pontevedra e Ourense.
"Iso é moito. A ver, aquí nós, 25, 24, é a temperatura nosa. 30 graos son moitos graos, e andas amallado despois".
"Estabamos cheos de tanta choiva, xa é bo que o de arriba se acorde de nós".
Despois dun inverno duro, estes días agradécense.
"O que non é normal é o que pasamos estes días atrás, que tivemos que acender a calefacción".
"A min gústame a calor e lévoa moi ben, así como outra xente lévaa fatal, eu lévoo ben, que pasa?, que si que penso no cambio climático e penso que hai que ter un pouquiño de todo, ao mellor non é normal, é excesivo".
Pois os termómetros van seguir marcando ao redor dos 30 cando menos ata o venres, polo que moitos van facer o que é propio do verán.
"Agora ao saír da clase imos para a praia a Marín".
"Hai que aproveitar cando está bo, porque se non non saes da casa".