Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calviño abre a porta a que en xuño rematen as bonificacións do combustible para os transportistas

Calviño abre a porta a que en xuño rematen as bonificacións do combustible para os transportistas

Segundo a vicepresidenta primeira do Goberno, a Comisión Europea xa pediu aos estados membros que vaian retirando esas axudas

G24.gal 19/05/2023 14:45

A vicepresidenta Nadia Calviño lembrou hoxe que a bonificación ao gasóleo para transportistas e agricultores remata no mes de xuño. Desaparecerá de forma automática ese desconto de 10 céntimos por litro de combustible. Segundo a vicepresidenta primeira do Goberno, a Comisión Europea xa pediu aos estados membros que vaian retirando esas axudas.

Entre os afectados, a federación do transporte Fenadismer considera que a retirada da medida é precipitada. E lembran que o prezo dos combustilbles aínda é agora un vinte por cento máis caro que hai un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade