Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambios nos usos agrícolas como medida urxente contra as pragas de moscas

Cambios nos usos agrícolas como medida urxente contra as pragas de moscas

O catedrático de Zooloxía da UVigo Salustiano Mato insiste na necesidade de enterrar o esterco

Lembra que o cambio climático acabou coas paradas no ciclo reprodutivo destes insetos

G24.gal 26/05/2024 13:43 Última actualización 26/05/2024 14:44

Ás portas do verán aumenta a preocupación nos concellos invadidos polas moscas, unha praga para a que veñen reclamando solucións por parte de todas as administracións.

O catedrático de Zooloxía da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, cre que a curto prazo, a solución pasa por un cambio nas prácticas agrícolas, mesmo recuperando os antigos usos dos avós.

Como membro do grupo de expertos que analizou a situación de Tomiño, un dos concellos máis afectados pola invasión de moscas, Salustiano Mato fala da tormenta perfecta que forman o cambio climático, con invernos cálidos sen paradas no ciclo reprodutivo, e as prácticas agrícolas actuais, con fertilizantes intensivos que matan os depredadores naturais destes insectos.

O catedrático explica que o esterco estendido no terreo durante semanas, e se ademais está á beira dun río, é o lugar perfecto para que as moscas poñan os ovos.

"Pode haber ata 100.000 moscas que saen ao mesmo tempo nesas condicións de humidade, temperatura e a ausencia de depredadores."

Para previr e minimizar os danos, Mato propón cambios nas practicas agrícolas.

"Utilizar material compostado e se non se pode hai que labrar e enterrar o esterco axiña, integralo no solo e mesmo facer o que facían antigamente os avós... en montóns para que fermente e cando se estende pasar a fresa e integralo no solo, hai toda unha serie de posibilidades que precisan a colaboración de todos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade