Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xubilarse en 2023, estes son os cambios que veñen

Xubilarse en 2023, estes son os cambios que veñen

Para poder cobrar o 100 % da pensión haberá que chegar ata os 66 anos e catro meses, ou ter cotizados máis de 37 anos e nove meses para poder facelo con 65

G24.gal 20/12/2022 13:40

Nas asesorías reciben cada vez máis consultas de cidadáns preocupados pola súa xubilación. Abel Barredo explica que "preguntan cando se poden xubilar e se lle descontan por ser anticipado ou canto teñen que agardar para cobrar o 100 %".

En 2023 será necesario ter cumpridos os 66 anos e catro meses de idade para cobrar o 100 % da pensión ou facelo aos 65 anos e ter cotizados cando menos 37 anos e nove meses. A idade de xubilación incrementarase ata 2027, cando será necesario ter 67 anos cumpridos para os que cotizasen menos de 38 anos e seis meses.

Cada caso é diferente e hai que botar ben as contas. As dúbidas medran ante a reforma das pensións e a o aumento do período de cálculo. Barredo reflexiona que "van cambiando ano a ano os meses e os anos que hai que ter para xubilarse á espera do que se aprobe que se agarda sexa un alongamento da idade de xubilación".

As pensións contributivas subirán un 8 e medio por cento a partir do 1 de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade