Sobe o prezo do café en orixe polas malas colleitas dos últimos anos
Sobe o prezo do café en orixe polas malas colleitas dos últimos anos
Ameaza con repetir o que xa viviu o consumidor co aceite de oliva
As plantacións de café están sufrindo secas moi prolongadas
A suba do café en orixe pon en alerta o consumidor final
Xa o vivimos co aceite de oliva, e agora semella que o café vai polo mesmo camiño. As malas colleitas dos últimos anos polas secas prolongadas provocaron nunha escalada do prezo de café en orixe. Pero non é o único motivo. A demanda crecente na China, que é xa o sétimo país consumidor de café do mundo, e os problemas do transporte marítimo polo mar Vermello desatan a tormenta perfecta. A tensión nos grandes mercados evidencia que non tardaremos en notala nas cafeterías, que terán que actualizar os prezos.
"É inevitable que notemos que sobe, porque a factura de toda a semana que estamos pagando sobe. Non sei ata que punto poderemos aguantar o prezo ou teremos que subir".
"Agora o café pequeno custa 1,60, antes valía 1,10, a medida foi subindo", apuntan unhas hostaleiras.
Cada español consome unha media de case 4 quilos de café ao ano. Lonxe quedan os tempos en que un café custaba un euro. Pero cal é o prezo que estamos dispostos a pagar por non renunciar a el?
"Máis de 2 xa me parece moito".
"Eu supoño que máis de 3 euros non".
"2 euros, si, por aí".
"2 euros".
"Xa o hai de 1,60 e xa o pago porque non me queda outra, pero paréceme bastante caro".
"Penso que de momento é unha cousa asumible, veremos segundo vaia subindo pouco a pouco co tempo", comentan os consumidores.