Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cangas e Cisne afrontan un derbi para mellorar as súas dinámicas

Cangas e Cisne afrontan un derbi para mellorar as súas dinámicas

O Cisne perdeu forza despois dun inicio de liga sorprendente

O Cangas marcha penúltimo pero reforzado polo partido de Copa e a vitoria en Navarra

O primeiro derbi galego da temporada xógase este sábado no Gatañal
G24.gal 10/11/2022 21:36

Primeiro derbi da temporada na máxima categoría do balonmán. O Cangas recibe o Cisne. Os do Morrazo, por debaixo na clasificación, penúltimos, pero con mellores sensacións tras superar a primeira eliminatoria de Copa e sobre todo de gañar na liga na pista do Anaitasuna.

"É un punto moi importante para a nosa confianza", admitiu o adestrador Nacho Moyano.  O técnico do Cisne Javier Márquez advirte que os derbis "non entenden de ciclos e tendencias"

O Cisne ascendeu esta temporada e arrastrou a boa dinámica que traía a unha categoría superior. "Sempre os poño de exemplo, loa Moyano, tiveron unha vaga de lesións e están competindo dunha maneira bárbara".

Quen gañe o derbi sairá reforzado nunha liga moi apertada. "Os dous estamos na mesma zona da clasificación", di Márquez. E Moyano está convencido de que "ata o final todo mundo vai estar pelexando". 

Mirando de esguello a permanencia, dous rivais directos, no derbi galego da Asobal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade