Cargando resultados...
Cantabria amence con seis incendios activos e Asturias eleva o nivel de alerta
Cantabria amence con seis incendios activos e Asturias eleva o nivel de alerta
Incendio en Alea, Ribadesella
G24.gal
09/04/2023 09:17
Última actualización 09/04/2023 09:39
Cantabria rexistra á primeira hora deste domingo seis incendios activos dos sete que se provocaron nas últimas doce horas na comunidade autónoma.
Os incendios activos atópanse nas localidades de Vega de Pas (2), Miera (2), Riotuerto e Soba, segundo o parte difundido polo Goberno de Cantabria ás 7:30 horas. Ademais, hai tres focos controlados en Rionansa (2) e Herrerías.
Os sete incendios desta noite elevan a 46 o total de lumes rexistrados nos primeiros nove días de abril na comunidade, onde se mantén activo o nivel de 2 alerta por incendios forestais e tamén a prohibición de realizar queimas.