Publicador de contidos
Publicador de contidos

Capturan unha serpe nun parque de Guitiriz onde xogaba un grupo de cativos

Capturan unha serpe nun parque de Guitiriz onde xogaba un grupo de cativos

Non houbo que lamentar danos e a serpe, duns 60 centímetros, foi finalmente liberada nun bosque

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 04/07/2024 12:25

Axentes da Garda Civil capturaron no concello lugués de Guitiriz unha serpe duns 60 centímetros nun parque no que estaba a xogar un grupo de nenos, sen que houbese que lamentar danos nin para as persoas nin para o animal.

Segundo a información facilitada este xoves pola Comandancia da Garda Civil de Lugo, varios axentes trasladáronse ao parque de Lagostelle tras recibir aviso de que había unha serpe nun parque no que estaban a xogar varios nenos.

Ao chegar, os axentes viron que se trataba dun ofidio duns 60 centímetros de longo. Capturárono e metérono nunha caixa de cartón para trasladalo a un lugar seguro.

Finalmente, levárono a un bosque próximo, onde foi liberado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos