Carapaz, Bernal e Carlos Rodríguez, as alternativas ao triunfo final
Carapaz, Bernal e Carlos Rodríguez, as alternativas ao triunfo final
Este ano sobe o nivel da participación con ata seis equipos Pro Tour
Todas as etapas poderán verse pola Televisión de Galicia e en AGalega.gal
Vingegaard volve ser a estrela que máis brilla nesta terceira edición do Gran Camiño, pero esta vez terá contrincantes, como Richard Carapaz, ouro olímpico, Giro 2019 e podio no Tour 2021. E Este ano aspira a gañalo. A primeira das catro etapas é unha contra o reloxo de 14 km pola franxa marítima da Coruña. E vai estar marcada polo vento. Vingegaard vaino ter máis difícil nesta edición.
Outros corredores que cómpre ter en conta son o granadino Carlos Rodríguez e o vencedor do Tour 2019 Egan Bernal, que busca ser o ciclista de antes do gravísimo accidente que sufriu hai dous anos. Seis equipos World Tour percorrerán Galicia ata o domingo. Un test para o Gran Camiño, que quere consolidarse no calendario internacional.