Carballo acolle estes días a décima edición do Rexenera Fest
Carballo acolle estes días a décima edición do Rexenera Fest
Cinco artistas de sona mundial crean novos murais de gran formato
Carballo segue enchendo estes días de cor e arte as súas rúas da man de artistas galegos, nacionais e internacionais.
O mural do Señor X, no que empregou a técnica stencil, pero a gran formato, é un dos cinco que e van sumar aos 110 xa creados nos últimos nove anos.
"Souben que o patrón de aquí é San Xoán e esta obra, coa lumeirada, pode adaptarse", explica o artista galego residente en Londres.
Con aires de ilustración infantil e moito colorido, Amaia Arrázola está tamén a piques de rematar o seu particular espectáculo.
"Representa unha deusa celta, unha deusa da natureza e da fertilidade. E non hai máis que mirar a zona para ver que esa deusa queda ben aquí", di a artista vasco-catalá.
Amaia e o Señor X son dous dos cinco artistas seleccionados para esta décimo edición do Rexenera Fest. Un Festival Internacional de Arte Pública que desenvolve un papel fundamental na transformación arquitectónica e estética da paisaxe carballesa, creando novos espazos de diálogo e expresión artística ao aire libre.
Tamara Alves, Stom 500 e Pablo Astrain completan o cartel deste ano. Pero o Rexenera Fest ofrece moito máis que estas propostas artísticas. Ata o próximo domingo haberá obradoiros participativos, música, xogos para familias e ata visitas guiadas.
"Quizais a máis interesante vai ser a do domingo, ás once da mañá, porque van ir os artistas explicando as obras. E iso é un privilexio", explica Maite Parga, técnica de turismo e membro da organización.