Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Alcaraz gaña en Wimbledon e inicia un novo ciclo no tenis mundial

Carlos Alcaraz gaña en Wimbledon e inicia un novo ciclo no tenis mundial

O murciano, de 20 anos, derrotou a Novak Djokovic en cinco sets e tras máis de catro horas de xogo

Alcaraz imponse na súa primeira final en Londres e suma o seu segundo grande

EFE
G24.gal 16/07/2023 19:12 Última actualización 16/07/2023 21:46

Dicía Alcaraz que a gran final de Londres había que afrontala dende a temperanza. Probablemente a posta en escena non foi a soñada polo murciano, pero as cousas non son como empezan, senón como acaban. E esta tarde en Wimbledon, Alcaraz colocou a primeira pedra do seu reinado. 

Coa tranquilidade que caracteriza os campións, Alcaraz reiniciou o partido tras caer na primeira volta por 1-6. Fíxoo no tie break do segundo set, nun punto que resolveu coa clase dun número un. 

O xiro de acontecementos entumeceu a Djokovic. Dá igual cantas grandes finais xogues, 35 no seu caso, porque ningunha se parece. E á diferenza do acontecido en París en xuño, Alcaraz estaba divertíndose en Londres. O serbio, entrementres, sumaba erros non forzados que o minguaron ata sacalo do partido tras un quinto xogo interminable. Alcaraz conquistou o terceiro set cun solvente 6-1. 

O partido entrou nunha fase crítica. Con Djokovic obrigado a reinventarse, a esixencia sobre Alcaraz medraba. O español buscou a réplica cada vez que Novak asomaba a cabeza para meterse de volta no encontro. Con case catro horas de xogo ao lombo, o serbio tirou de galóns e Alcaraz acabou entregando a cuarta volta por 3-6. 

Coa tensión polas nubes, chegouse ao quinto set. Todo ou nada na rolda definitiva. Os puntos convertéronse nun intercambio de golpes físicos e mentais con que os dous máximos expoñentes do tenis mundial mediron as súas forzas. A batalla gañouna un rapaz de 20 anos, valente, que na pista central de Wimbledon iniciou un domingo 16 de xullo de 2023 un novo ciclo no tenis mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos