Cargando resultados...
Carlos Canal agarda converterse no especialista do Movistar nas probas dun día
Carlos Canal agarda converterse no especialista do Movistar nas probas dun día
O limiao chega á estrutura dun equipo Pro Tour coa máxima ambición
"As clásicas de principio de ano medirán onde podo estar"
G24.gal
19/10/2023 21:44
O ciclismo galego sobe un chanzo coa fichaxe de Carlos Canal polo Movistar, un dos equipos máis potentes do panorama mundial, o quinto en orzamento e con protagonismo nas grandes voltas.
Con 22 anos Carlos Canal deixa o Euskaltel, onde medrou paseniño, e buscará o seu sitio nun grupo importante que se propón lucir tamén nas clásicas, cada vez máis atractivas.
Con dúas participacións na volta a España e premios á combatividade, ó limiao ábreselle unha oportunidade pero non intúe a onde o vai levar. Coa ilusión por diante hai un ciclista galego que quere ser protagonista do pelotón.