Carlos Canal : "Espero estrear o meu palmarés neste 2022"
Carlos Canal : "Espero estrear o meu palmarés neste 2022"
O ciclista de Xinzo será unha das bazas galegas no "Gran Camiño" que comeza hoxe no Porriño
O corredor do Euskaltel vén de colleitar unha boa clasificación no Tour de Omán que se celebrou a semana pasada
Cinco serán os ciclistas galegos na saída da proba galega: Alex Marque, Delio Fernández, Samuel Blanco, Guillermo Fernández Janeiro e o propio Canal
Carlos Canal xogou onte "Ao Contraataque". O ciclista de Xinzo será unha das bazas galegas no retorno do ciclismo profesional as estradas galegas coa disputa de "O Gran Camiño" onde espera estar diante na clasificación:
"Estou ben de forma. Estiven recoñecendo a primeira etapa e espero poder estar diante. Creo que haberá unha chegada dun grupo reducido. É moi importante para o ciclismo galego a disputa desta proba a ver se incentiva a creación dun equipo profesional. Estou moi contento no Euskaltel. Son xente nova coma min. Son ambicioso. Espero estrear o meu palmarés coma profesional neste 2022"