Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Domínguez asina co Celta unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026

Carlos Domínguez asina co Celta unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026

O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo

Foto @RCCelta
G24.gal 11/01/2022 13:10

O central zurdo do filial, Carlos Domínguez, asinou co Celta, “co club da miña vida”, unha ampliación do seu contrato ata xuño de 2026.

O canteirán mostrouse moi feliz por “cumprir un soño, levo desde pequeniño aquí xogando e estou moi contento”.

“Sempre soñas co momento de chegar ao primeiro equipo e teño moitas  ganas de demostrar e axudar”, engadiu o central celeste, quen indicou ademais que “cando entrei no R. C. Celta sendo alevín chegas con ganas e entusiasmo, sempre soñas e ao final con traballo e constancia aí estamos”.

 

O canteirán disputou xa sete partidos de Liga co primeiro equipo, algún inesquecible como a vitoria colleitada no Camp Nou a pasada campaña ou ante o Betis fai uns días, ademais doutros tres en Copa do Rei.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar