Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos III chega ao trono nun momento convulso para o país e sen a popularidade da súa nai

Carlos III chega ao trono nun momento convulso para o país e sen a popularidade da súa nai

Os expertos especulan sobre os retos e as dificultades que atopará o novo monarca para substituír a raíña máis lonxeva da historia. 

Cristina Mourón, profesora de Literatura Inglesa da USC, di que a institución non se pon en cuestión

G24.gal 10/09/2022 14:54 Última actualización 10/09/2022 15:10

Só un de cada dous británicos cre que Carlos III será un bo rei, segundo o  estudo de opinión feito pola empresa Ipsos hai uns meses. O seu fillo Guillerme obtiña un apoio maior.

Eu son optimista, eu quero romper unha lanza a favor de Carlos, sei que non é moi popular, pero unha cousa é o Carlos príncipe de Gales e outro é Carlos monarca. De feito, a monarquía non é el só, é unha maquinaria que non vai permitir que rompa.

O Reino Unido será sempre unha monarquía, poden abrirse moitos debates pero non o de monarquía si, monarquía non.

Claro, Carlos ten unha historia de escándalos cos matrimonios, son moitos anos pero eu penso que vai adaptarse e cambiar cos tempos.

Uns tempos marcados pola crise económica, a inestabilidade enerxética a inflación e o debate aberto sobre a unidade do país en Escocia e Irlanda do Norte.  

El vai ter que deixar moitas cousas atrás, el dixo no seu discurso que vai deixar esas fundacións que estaban un pouco en cuestión por se había algún indicio de corrupción, de que non era de todo legal.

Tamén ao mellor chegou o momento de que o Rei sexa unha persoa que dea a súa opinión, non digo en cuestións políticas como o referendo de Escocia, pero ao mellor en cuestións que son máis de ecoloxía, de historia...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade