Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carmen Touza "Estamos abrumados pola grande acollida e participación na carreira ENKI"

Carmen Touza "Estamos abrumados pola grande acollida e participación na carreira ENKI"

A proba solidaria que se celebra este domingo supera os quince mil inscritos 

G24.gal 21/10/2023 12:42 Última actualización 21/10/2023 12:50

Na súa décima edición, a carreira ENKI segue batendo marcas e converténdose nun referente, non só das iniciativas solidarias, senón tamén do propio deporte en si.

Carmen Touza, presidenta desta asociación coruñesa, analizouno no Galicia en Goles deste venres.

"Estamos moi abraiados pola acollida e participación que teremos nesta carreira. Sobre as oito e media deste venres cubrimos esa meta dos quince mil inscritos. Somos a primeira carreira en Galicia e a sexta en España. Somos unha asociación que quere amosar a través do deporte que a inclusión fai máis feliz á sociedade. Xuntos sensibilizamos a inclusión. O cen por cento da recadación dedícase a ocio e deporte para a xente con discapacidade. Retamos dez padriños para conseguir eses quince mil inscritos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade