DisCamino leva quince anos promovendo un Camiño de Santiago inclusivo
DisCamino leva quince anos promovendo un Camiño de Santiago inclusivo
Desde 2009 organizaron máis de 120 peregrinacións a Santiago para persoas con mobilidade reducida
Entre aplausos chegan ao Obradoiro despois de 13 días percorrendo o Camiño do Norte. Son un grupo de peregrinos con discapacidade, algúns deles auténticos veteranos facendo o Camiño de Santiago.
“Eu xa fixen sete camiños, este é o oitavo. Todos significan algo, pero o máis emotivo foi o primeiro, porque o primeiro é a ilusión que tes”.
“Para min é a terceira vez que fago o Camiño de Santiago, a experiencia é moi bonita”.
“É o segundo Camiño que fago, a experiencia é moi enriquecedora”.
DisCamino é unha asociación de Vigo que leva xa 15 anos promovendo o deporte inclusivo. Ao longo destes anos, percorreron o Camiño con máis de 500 persoas con algún tipo de discapacidade.
"Fai moitos anos, campo comezamos, chamaban por teléfono para preguntarnos se se podía facer o Camiño en cadeira de rodas. Agora xa saben que se pode facer, e por iso chaman e buscan solucións. Avanzou en que cada vez máis xente decide facelo e tamén na adaptación dos albergues”, explica Javier Pitillas, responsable de DisCamino
Desde que naceu a asociación, no ano 2009, organizaron máis de 120 peregrinacións a Santiago para persoas con mobilidade reducida. Dentro duns días volverán entrar no Obradoiro con outro grupo de peregrinos.