Carolina García, un dobrete con cuartos incluídos
Carolina García, un dobrete con cuartos incluídos
A galega, con Sara Ouzande, pasou de rolda despois dun sufrido terceiro posto
O dúo español ía en cabeza, pero sufriu moito nos metros finais e baixou o ritmo
Carolina Gracía Otero tamén obtivo o dobrete. A pontevedresa meteuse na semifinal do k2 con Sara Ouzande despois de pasar polos cuartos de final. O dúo español comezou moi en pero acabou sufrindo por mor da perda de ritmo, algo que xa as penalizara nas series.
A carreira comezou parella, pero as españolas acadaron a cabeza tralos primeiro cen metros e impuxeron un ritmo alto. Pasaron polos 250 metros de primeiras, con dúas embarcacións xa preto. Pero o último treito foi matador e remataron terceiras.
Non houbo problema, xa que pasaban catro parellas e elas remataron de terceiras. Carolina García Otero xa está nunha final, a de k4, e na semifinal no k2. Opción de dobre medalla intacta para a galega.