Casado convoca a Xunta Directiva Nacional do PP
Casado convoca a Xunta Directiva Nacional do PP
Tensa xuntanza do comité de dirección para atallar a crise
Ayuso cre que é hora dun "xiro absoluto"
Son as horas máis decisivas nos case catro anos de liderado de Pablo Casado no PP. O comité de dirección dos populares reuniuse durante case 9 horas buscando unha saída á crise aberta tras o enfrontamento con Isabel Díaz Ayuso.
O encontro rematou cunha convocatoria o vindeiro lus da Xunta directiva nacional, o máximo órgano entre congresos.
Fontes presentes na xuntanza falan dun encontro tenso e no que se evidenciou a división deste núcleo duro entre os que piden o cesamento do secretario xeral, Teodoro García Egea, e os partidarios de resistir as presións dos baróns territoriais.
A pesar de que Casado deu por boas as explicacións sobre os negocios do seu irmán, Díaz Ayuso non afrouxa a presión.
A presidenta da Comunidade de Madrid dixo que a situación é insostible e creo que cada día que pasa imos a peor, ímonos desintegrando. Aquí fai falla un xiro absoluto".
Un xiro do que Ayuso non quixo aclarar se incluiría a renuncia do propio Casado. En todo caso, ela autodescártase como posible sucesora: "O meu compromiso está e seguirá en Madrid".
24 horas despois de que varios centos de manifestantes pedisen a renuncia do líder popular, este luns varios dirixentes provinciais acudiron á sede de Génova apoialo. O deputado do PP no Parlamento andaluz, Ramón Herrera, dixo: "Só vin mostrar o meu apoio ao presidente, e facémolo, ademais, en persoa".
O líder do PP catalán, Alejandro Fernández, foi o último en reclamar que se lles dea á voz aos afiliados, unha maneira de esixir un congreso que renove o mando do partido.