Case o 75 por cento do leite que se produce en Galicia tamén se transforma aquí
Case o 75 por cento do leite que se produce en Galicia tamén se transforma aquí
O 40 por cento do leite que se consome en España é galego. As empresas lácteas cada vez apostan máis por facer aquí todo o proceso de produción.
Un exemplo é o grupo Lence, unha empresa familiar cen por cento galega e unha das oito grandes lácteas que operan en España
O 40 por cento do leite que se consome en España é galego. As empresas lácteas cada vez apostan máis por facer aquí todo o proceso de produción. Un exemplo é o grupo Lence, unha empresa familiar cen por cento galega e unha das oito grandes lácteas que operan en España.
"Producimos uns 310 millóns de litros ao ano, sempre estamos investindo en ter máis capacidade de produción", di a presidenta do grupo, Carmen Lence.
Cada día recollen 900.000 litros dunhas 300 explotacións. Todo este leite transfórmano aquí.
"Que o leite galego se transforme aquí en Galicia, e deixe aquí en Galicia o seu valor engadido", subliña Carmen Lence.
Hoxe en Galicia xa se transforma case o 75 por cento do leite que se produce na comunidade.
"Nese plan da estratexia do leite marcamos o reto de transformar na nosa comunidade o 75 por cento do leite e estamos a piques de conseguilo grazas á aposta das empresas lácteas", explicou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
En canto ao prezo, o sector non descarta unha suba nos próximos meses, xa está a acontecer noutros países europeos, aínda que alí debeuse á caída da produción pola incidencia da enfermidade hemorráxica epizoótica. En Galicia esta enfermidade de momento non afectou a produción.