Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case o 75 % dos incendios forestais acontecidos en Galicia son intencionados

Case o 75 % dos incendios forestais acontecidos en Galicia son intencionados

 As 177 cámaras instaladas no monte cubrirán o 85 por cento do territorio en risco de lume

Todas as imaxes supervísanse en tempo real no centro de control técnico en Santiago

G24.gal 01/06/2024 21:09 Última actualización 02/06/2024 09:51

Case o 75 por cento dos incendios acontecidos en Galicia son intencionados, segundo os datos do propio plan de prevención do goberno galego. Este ano a Xunta amplía a videovixilancia nos montes do país:  Haberá 177 cámaras dispostas en 88 puntos.  As que levan instaladas  máis tempo estanse renovando por outras máis actuais.

Cada centro ten dúas cámaras, ten unha cámara orbital, que está en modo de vixilancia continua, que xira sobre si 360 graos, e outra cámara orientable, cun zoom que manexamos nós. Permítenos orientala cara onde temos algún sospeitoso ou  algo que nos interesa ver, di Manuel Rodríguez Vázquez, Director xeral de Defensa do monte.

Deste xeito, en caso de detectarse un fogo,  a súa visualización en tempo real nesta sala de control en Santiago facilita a toma de decisións. Amais todas as brigadas despregadas no monte  incorporan ferramentas tecnolóxicas, como apoio no seu labor.

Cada un dos nosos recursos, un xefe de brigada, un axente forestal, un técnico desde o seu teléfono móbil desde a súa tablet pode ver o que estou vendo eu aquí. Amais da súa visión das cámaras que temos no territorio, as cámaras que levan os helicópteros, polo tanto está vendo en tres D do que está acontecendo", sinala Manuel Rodríguez.


7.000 profesionais integran o dispositivo galego antiincendios, apoiados por unha trintena de medios áereos e 380 motobombas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade