Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas notifica o falecemento de 50 persoas coa covid dende o 1 de xaneiro

O Sergas notifica o falecemento de 50 persoas coa covid dende o 1 de xaneiro

Nesta xornada rexistráronse dúas mortes no CHOU

G24.gal 08/01/2022 09:59 Última actualización 20:15

Continúa o incremento de casos da covid-19 en Galicia. Segundo os últimos datos do Sergas, nestes momentos hai 62.693 persoas coa infección activa. Son 1.058 máis ca na xornada anterior. 

O ritmo de contaxios novos redúcese un pouco. Nas últimas horas rexistráronse 3.557 contaxios, case 550 menos dos que se computaran o día antes, cun descenso notable na área da Coruña.

A presión hospitalaria segue aumentando e xa son 409 as persoas ingresadas nas distintas áreas sanitarias. En planta hai 358 pacientes coa covid (+15), a cifra máis alta desta vaga, cun número de hospitalizacións ao que non se chegara no verán.

A área de Vigo foi onde máis subiu, con 10 novos ingresos, e ten 78. Os mesmos que hai na área da Coruña. Santiago e Ourense teñen 58 pacientes en planta, Pontevedra 39, Lugo 27 e Ferrol 20. 

Coidados intensivos

Mantense estable a cifra de pacientes en coidados intensivos, con 51 doentes críticos. Vigo deixa de ser a área con maior número de camas UCI ocupadas por pacientes coa covid, con 11, mentres que A Coruña, con 13, é agora a que máis presión soporta. 

50 falecementos no 2022

Desde que comezou este 2022 faleceron 50 persoas coa covid en Galicia, dúas delas notificadas nas últimas horas. Son unha muller de 96 anos e un home de 86 que morreron no complexo hospitalario de Ourense. Segundo informa o Sergas, presentaban patoloxía previas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade