Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castela-A Mancha aumenta as deducións no IRPF para as rendas de ata 30.000 euros

Castela-A Mancha aumenta as deducións no IRPF para as rendas de ata 30.000 euros

Poderán deducirse os gastos en libros de texto, centros de educación infantil e aprendizaxe de idiomas

Tamén os investimentos que favorezan emprendemento empresarial

G24.gal 04/10/2022 16:10

O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, anunciou un paquete de deducións no IRPF por un importe total de 85 millóns de euros, que se aplicarán nas rendas de ata 30.000 euros, pola adquisición de libros de texto ou polo aboamento dos centros de educación infantil, entre outros.

García-Page destacou que o seu obxectivo con estas deducións é "garantir un chan básico pola vía do ingreso e do gasto na cesta do consumo, ata que o IPC non se reduza" e "garantir que todas as familias van seguir tendo a mesma sanidade, educación e prestacións sociais cando xeran gastos especiais".

"Non é unha revisión fiscal", explicou García-Page, senón que é "utilizar con equidade e xustiza" os recursos e que a súa aplicación é temporal, ata que se supere a actual situación de inflación.

Tamén se duplicará a dedución existente polas cantidades satisfeitas por custodia de fillos menores de 3 anos en centros de educación infantil e pasarase do 15 % ao 30 %, á vez que se aumentará, tamén no dobre, os límites máximos de dedución de 250 euros a 500 euros.

Ademais, vaise incrementar a dedución xa existente de adquisición de libros de texto e ensino de idiomas por dúas vías, unha delas cun aumento en todos os conceptos que estean relacionados coa aprendizaxe do alumno fóra dos centros educativos, como clases de reforzo, acceso a Internet ou gastos por estudos fóra do municipio de residencia e co aumento no ámbito de aplicación a todos os niveis educativos.

Tamén se van duplicar os límites máximos de dedución previstos actualmente e en total, esta liña de deducións ten un impacto estimado de 5,5 millóns.

Canto á actividade económica, García-Page anunciou dúas deducións específicas.

A primeira destas deducións, para favorecer o emprendemento, vai supoñer unha dedución dun 20 % polo investimento na adquisición de accións e participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou ampliación de capital, cun límite de 4.000 euros.

E a segunda, será unha dedución dun 20 % por investimento en entidades de economía social, cun límite de 4.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade