Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana fan reconto dos danos causados polo temporal
Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana fan reconto dos danos causados polo temporal
En Cuenca, na vila de Iniesta, unha das máis afectadas, anegáronse 100 casas
Esta noite foi complicada en moitas poboacións do leste da Península, sobre todo en Castela-A Mancha e na Comunidade Valenciana.
A DINA manifestouse con especial dureza en Cuenca con riadas e inundacións. Na vila de Iniesta, unha das máis afectadas, anegáronse 100 casas, das que foron desaloxados os seus ocupantes.
Tamén houbo estragos na cooperativa vitivinícola, pero a uva almacenada non sufriu danos. Este mércores xa se traballaba para recuperar a normalidade e reabríronse as estradas cortadas por acumulación de auga.
En Motilla del Palancar, os veciños vían pasar os coches polo río en que se converteu a súa rúa principal, que estivo 4 horas anegada con máis de medio metro de auga.
Moita chuvia tamén o sur de Cataluña, nalgunha localidade de Tarragona caeron 93 litros por metro cadrado.
Como sucedeu en Castela-A Mancha, tamén en Valencia se produciron danos na viña, que quedaron cubertos de pedrazo.
E mentres se afanan na limpeza e a DINA se afasta polo Mediterráneo, un novo temporal chega a Galicia desde a que se estenderá o xoves por boa parte da Península.