Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cataluña pecha unha campaña que a deixa ás portas dun cambio de ciclo

Cataluña pecha unha campaña que a deixa ás portas dun cambio de ciclo

As sondaxes sitúan a Salvador Illa como vencedor e ao independentismo sen maioría

O novo goberno dependerá de pactos complexos e hai risco de bloqueo

Todas as sondaxes dan gañador dos comicios ao candidato socialista (EFE/ Andreu Dalmau)
G24.gal 10/05/2024 14:01 Última actualización 10/05/2024 20:35

Nada está escrito, pero as sondaxes coinciden. Cataluña está ás portas dun cambio. 
Remata unha campaña moi influenciada pola política nacional. Primeiro a carta de Pedro Sánchez. Despois a OPA hostil sobre o Sabadell.  Na carreira polo primeiro posto, o candidato socialista sería o virtual gañador.  O PSC confía en poder gobernar en solitario ou con apoios puntuais.  Salvador Illa dá por feito que non contará co apoio de Puigdemont. 

Junts quere consolidar a remonta e advirten sobre as intencións dos socialistas. Na loita polo espazo independentista, ERC quedaría por detrás dos seus rivais independentistas Aragonès non descarta pactos nin con PSC nin cos de Puigdemont, pero esfórzase por mobilizar o voto dos indecisos para tumbar as enquisas. 

A candidata da CUP, Laia Estrada prioriza pactos con ERC, Junts e Comuns tras o 12 de maio pero endureceu o seu ton contra Junts, ao que reprocha compartir axenda co PSC. Desde Comuns Sumar, Jéssica Albiach deixou claro que non pactará con Junts e acusou ao PSC de querer "substituír a Convergència" .

 

PP e Vox pelexan pola cuarta praza. Feijóo pide concentrar o voto constitucionalista na papeleta do Partido Popular. 

Ciudadanos espera bater as enquisas que os deixan fóra do Parlament apelando ao voto de abstencionistas e de desencantados do PP e PSC.

A fragmentación do voto deixa un escenario tan aberto que todo apunta a que o novo goberno se volverá decidir por un feixe de votos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade