Cataluña decreta a alerta por seca para seis millóns de habitantes
Cataluña decreta a alerta por seca para seis millóns de habitantes
Reducirase o 40 % da auga para usos agrícolas e o 15 % para usos industriais
Cataluña limitará o uso agrícola e industrial da auga en 224 concellos con case seis millóns de habitantes.
Reducirase o 40 % da auga para usos agrícolas e o 15 % para usos industriais.
Así mesmo, a fase de excepcionalidade inclúe unha redución da dotación de auga media por habitante cada día a 230 litros, fronte aos 250 da anterior fase de alerta, aínda que seguen sendo niveis inferiores ao consumo medio dos cidadáns, polo que na práctica non afecta a auga de boca.
É o nivel 4 sobre 5 de alerta por seca e decrétase cando os encoros das concas internas están arredor do 25% (actualmente están ao 28%).
A conselleira de Acción Climática, Teresa Jordà, defendeu que o Govern actúa "de forma contundente e planificada" para facer fronte a unha seca de 29 meses, a máis grave en Cataluña ata o presente.
Esta nova fase de excepcionalidade, aprobarase este mércores no Consello de Administración da Axencia Catalá da Auga.