Cargando resultados...
Cataluña e Navarra obteñen o aval da xustiza para o certificado covid
Cataluña e Navarra obteñen o aval da xustiza para o certificado covid
Euskadi recorre no Supremo o veto do Alto Tribunal vasco
G24.gal
25/11/2021 20:18
A xustiza catalá avala ampliar o certificado covid a restaurantes, ximnasios e residencias durante os próximos quince días. En Cataluña este documento xa era obrigatorio para entrar en discotecas, festivais musicais e en celebracións como vodas e banquetes.
Tamén obtivo autorización xudicial o Goberno de Navarra para pedilo en restaurantes de máis de 60 comensais, nas discotecas e en eventos multitudinarios. Aragón e A Rioxa tamén estudan estender o uso deste documento en máis actividades económicas.
E o Goberno vasco anuncia recurso ante o Supremo ao veto do alto tribunal de Euskadi que lles impide esixir o pasaporte covid en hostalería e ocio nocturno.