Cargando resultados...
Un sismo de magnitude 6,5 deixa polo menos catorce vítimas mortais en Ecuador
Un sismo de magnitude 6,5 deixa polo menos catorce vítimas mortais en Ecuador
O tremor tamén afectou o Perú, onde faleceu unha persoa
G24.gal
19/03/2023 08:13
Última actualización 19/03/2023 09:22
Polo menos catorce persoas faleceron e unhas 400 quedaron feridas nun tremor de magnitude 6,5 na escala de Richter rexistrado en Ecuador.
O sismo puido sentirse en 13 das 24 provincias do país. Tamén se produciron catro réplicas, a máis alta de 4,8. O terremoto afectou tamén o Perú, onde deixa un falecido e importantes danos materiais.