Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro cabalos morren atropelados nun accidente no alto da Gañidoira, en Muras

Catro cabalos morren atropelados nun accidente no alto da Gañidoira, en Muras

Un dos condutores implicados no sinistro quedou ferido

Félix Aragunde 14/03/2022 13:19

Catro cabalos morreron atropelados nun accidente rexistrado pouco antes do amencer no alto da Gañidoira, en Muras. Os animais formaban parte dunha manda que nese momento se encontraba no medio da calzada. Contra eles bateron dous coches, un en cada sentido da estrada LU-540.

Manuel Ramos, condutor accidentado: "Ía por alí e vin unha manda de cabalos por toda a estrada. Eu intentei frear, pero non puiden. Vin os cabalos por toda a estrada, freei, pero non respondeu a tempo".

Un dos condutores saíu ileso, mentres que o outro quedou ferido leve. Tratábase dun veciño de Oleiros de 28 anos que se dirixía a Viveiro e que foi atendido no lugar do sinistro polos sanitarios dunha ambulancia do 061.

Manuel Ramos, condutor accidentado: "Eu saín ben, pero o coche quedou esnafrado pola parte de diante, co cristal roto. E eu so saín cunha rascadura na fronte e con cortes na man, non moi graves".

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, que regularon o tráfico, e mais dúas dotacións do parque de bombeiros de Vilalba, que se ocuparon de retirar os cadáveres da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade